CIENCIAS SOCIAIS

RESUMO TEMA 1: O UNIVERSO.

Para ver vídeos interesantes sobre o tema preme TEMA 1 CCSS_ o universo_5curso

  1. QUE É O UNIVERSO?

É un gran conxunto de corpos celestes (galaxias, estrelas, planetas…) e o espazo que os contén.

Orixen: Fai aproximadamente 14.000 millóns de anos houbo unha gran explosión, o Big Bang, que lanzou gas e po en todas direccións, según foron enfriando e combinándose formaron os corpos celestes.

  1. QUE É UNHA GALAXIA?

É unha agrupación de estrelas, nebulosas, planetas, po interestelar, gases e partículas que están unidos entre sí por unha forza gravitacional.

  1. COMO ESTÁ FORMADO O SISTEMA SOLAR.

Está formado por todos os corpos celestes que xiran ao seu redor atraídos pola gravidade.

  • Planetas: astros sen luz propia que orbitan ao redor do sol: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.
  • Satélites: astros que xiran ao redor dos planetas.
  • Estrelas: é una bola xigantesca de gas. Desprenden luz e calor.
  1. MOVEMENTOS DA TERRA.

A Terra ten forma xeoide (unha esfera achatada polos polos). Ten 2 movemento: Rotación (días e noites) e Traslación (estacións: solsticios de verán e inverno, e os equinoccios de primaveira e outono).

  1. A LÚA.

É o noso satélite. Ten 4 fases: Lúa Nova, Cuarto crecente, Lúa Chea e Cuarto Minguante).

Os Eclipses ocorren cando a Terra, a Lúa e o Sol están aliñados. A eclipse de Lúa sucede cando a Terra se interpón entre o Sol e Lúa.