LÍNGUA GALEGA

TEMA 1 LINGUA GALEGA

DESCARGA OS APUNTES EN PDF PREMENDO AQUÍ:TEMA 1 LINGUA GALEGA

 DETERMINANTES

 1.OS ARTIGOS.: Van diante dos nomes, indican o seu xénero (masc., fem.) e número.

  • DETERMINADOS: o, a, os, as.
  • INDETERMINADOS: un, unha, uns, unhas.

CONTRACCION DOS ARTIGOS DETERMINADOS

  O A OS AS
A ao á aos ás
CON co coa cos coas
DE do da dos das
EN no na nos nas

CONTRACCIÓN DOS ARTIGOS INDETERMINADOS.

  UN UNHA UNS UNHAS
CON cun cunha cuns cunhas
DE dun dunha duns dunhas
EN nun nunha nuns nunhas

2.POSESIVOS: Indican a quen pertence algo.

 

 

 

 

UN POSUÍDOR VARIOS POSUIDORES
MASCULINO FEMININO MASCULINO FEMININO
singular plural singular plural singular plural singular plural
1º PERSOA meu meus miña miñas noso nosos nosa nosas
2º PERSOA teu teus túa túas voso vosos vosa vosas
3º PERSOA seu seus súa súas seu seus súa súas

3.DEMOSTRATIVOS: Sinalan a distancia á que se atopa o sustantivo (nome).

  MASCULINO FEMENINO
SINGULAR PLURAL SINGULAR PLURAL
AQUÍ este estes esta estas
ese eses esa esas
ALÍ aquel aqueles aquela aquelas

3.DETERMINANTES NUMERAIS

  CARDINAIS ORDINAIS PARTITIVOS MULTIPLICATIVOS
1 un/unha primeiro-a    
2 dous/dúas segundo-a medio-a dobre (duplo, dupla)
3 tres terceiro-a terzo-a triplo, tripla
4 catro cuarto-a cuarto-a cuádruplo, cuádrupla
5 cinco quinto-a quinto-a quíntuplo, quíntupla
6 seis sexto-a sexto-a séxtuplo, séxtupla
7 sete sétimo-a sétimo-a séptuplo, séptupla
8 oito oitavo-a oitavo-a óctuplo, óctupla
9 nove noveno-a noveno-a

 

nono-a

nónuplo, nónupla
10 dez décimo-a décimo-a décuplo, décupla
11 once undécimo-a onceavo-a  
12 doce duodécimo

 

décimo segundo-a

doceavo-a  
13 trece décimo terceiro-a treceavo-a  
14 catorce décimo cuarto-a catorceavo-a  
15 quince décimo quinto-a quinceavo-a  
16 dezaseis décimo sexto-a dezaseisavo-a  
17 dezasete décimo sétimo-a dezaseteavo-a  
18 dezaoito décimo oitavo-a dezaoitoavo-a  
19 dezanove décimo noveno-a dezanoveavo-a  
20 vinte vixésimo-a vinteavo-a  

4.PRONOMES PERSOAIS.

  SINGULAR PLURAL
1º PERSOA eu, min nós, nosoutros/nosoutras
2º PERSOA ti vós, vosoutros/vosoutras
3º PERSOA el/ela, vostede, si eles/elas, vostedes, si

OS VERBOS

  1. CONXUGACIÓNS:
1º CONXUGACIÓN AR – plantar
2º CONXUGACIÓN ER – coller
3º CONXUGACIÓN IR – partir

TEMA 2 – LINGUA GALEGA

DESCARGA OS APUNTES EN PDF: TEMA 2-gallego

  1. PALABRAS POLISÉMICAS.

Son as palabras que teñen máis dun significado. Ex: banco (de sentarse, de peixes, de diñeiro)

  1. OS SUBSTANTIVOS.

Son as palabras que nomean personas, animais, cousas, ideas ou sentimentos .

2.1 CLASES DE SUBSTANTIVOS.

  • Comúns: nomean calquera persoa, animal ou cousa: nena
  • Propios: nomean unha persoa, animal ou cousa concreta: María
  • Individuais: nomean en singular unha núnica persoa, animal ou cousa: xogador
  • Colectivos: Nomean en singular un conxunto de persoas, animais ou cousas: equipo.
  • Concretos: nomean seres ou obxectos que se poden oír, tocar …: pelota
  • Abstractos: nomean ideas, sentimentos… non se poden tocar: alegría, esperanza ..

2.3 FORMACIÓN DO FEMININO.

2.4 FORMACIÓN DO PLURAL

  1. PALABRAS AGUDAS, GRAVES E ESDRÚXULAS.
  • AGUDAS: Acentúanse as polisílabas rematadas en -vogal (+n, s, ns): mamá, cafés, algún, peóns. Ex. : chofer, chinés.
  • GRAVES: Levan acento ortográfico cando rematan en consoante diferente de n, s , ou en grupos consonánticos distintos de -ns: álbum, móbil, mísil, réptil, Félix, tríceps, carácter. (Tamén se acentúan as que teñen ditongo decrecente na última sílaba: amábeis). Ex. : atmosfera, biosfera, heroe
  • ESDRÚXULAS: Todas levan acento ortográfico: mágoa, bárbaro, tépedo, xílgaro, térmite.
  1. A METONIMIA E A COMPARACIÓN.
  • A METONIMIA: Consiste en substituir o nome dunha cousa para que teñan relación de continente por contido ou causa-efecto. Ex: xa rematei o prato (prato por espaguetes).
  • A COMPARACIÓN: Consiste en relacionar un elemento con outro semellante. Ex: a cpva era escura coma a noite.

TEMA 4 LINGUA GALEGA

PDF de descarga LINGUA GALEGA TEMA 4

  1. O GRUPO NOMINAL.
  • É o conxunto de palabras que se agrupan en torno ao substantivo. Ex: Aquela casa vermella.
  • Pode estar formado por unha ou varias palabras, ex: María. O meu irmán maior. O curmán maior do meu pai, etc
  • A súa función é ser suxeito da oración.

1.1 A ESTRUTURA DO GRUPO NOMINAL

  • Substantivo: é a palabra máis importante, por iso é o núcleo deste grupo.
  • Determinante(artigos, demostrativos, posesivos, numerais etc): o substantivo pode levar unha palabra que o determine, o concrete: A nena boa.
  • Adxectivos: complementan e especifican o significado do substantivo. A nena boa
  • Complementos: como presposicións etc.
  1. DIPTONGOS, TRIPTONGOS E HIATOS.

2.2 HIATOS: Un Hiato é cando van xuntas  dúas vogais abertas: area, heroe, correo, avoa, poema…

  • Cando  vai unha vogal aberta e outra pechada (ou unha pechada e unha aberta) e o golpe de voz cae na pechada: raíz, saúdo, raíña, fío, actúo, recúe…
  • Cando van xuntas dúas vogais pechadas e a segunda é tónica: muíño, miúdo, xuízo, construír, fiúncho…
  1. ACENTO DIACRÍTICO

  1. A NARRATIVA.

Son as obras nas que o narrador conta os feitos que lles suceden aos personaxes. Elementos:

  • Narrador: é quen conta a historia.
  • Personaxes: interveñen na historia, hai un que é o principal.
  • Acción: son os acontecimietnos que suceden, ás veces divídense en varias partes chamadas episodios, capítulos, etc.
  • Marco Narrativo: é o lugar e tempo no que sucede.
  • Cómic, os contos, as novelas, etc son tipos de narración.

3.1       O CONTO.

Son relatos breves escritos en prosa. Contan os feitos que lles suceden a uns personaxes. Hai contos modernos e populares (narran historias que foron transmitidas de forma oral e máis tarde foren escritas).

3.2       A NOVELA.

Son relatos escritos en prosa, relatan os feitos que lles suceden a uns personaxes. Diferéncianse dos contos en que son máis extensas e complexas.

TEMA 5 L. GALEGA: TEMA 5 LINGUA GALEGA(pincha para descargar)

TEMA 7 L. GALEGA: descarga TEMA 7 LÍNGUA GALEGA

TEMA 8 L. GALEGA: descarga TEMA-8-GAL-quinto

TEMA 10 L. GALEGA: DESCARGA LINGUA GALEGA_T10_QUINTO

TEMA 11 L. GALEGA: DESCARGA LINGUA GALEGA TEMA 11-5º

TEMA 12 L. GALEGA: DESCARGA TEMA 12-LINGUA GALEGA