TEMA 1 LINGUA GALEGA
DESCARGA OS APUNTES EN PDF PREMENDO AQUÍ:TEMA 1 LINGUA GALEGA
DETERMINANTES
1.OS ARTIGOS.: Van diante dos nomes, indican o seu xénero (masc., fem.) e número.
- DETERMINADOS: o, a, os, as.
- INDETERMINADOS: un, unha, uns, unhas.
CONTRACCION DOS ARTIGOS DETERMINADOS
| O | A | OS | AS | |
| A | ao | á | aos | ás |
| CON | co | coa | cos | coas |
| DE | do | da | dos | das |
| EN | no | na | nos | nas |
CONTRACCIÓN DOS ARTIGOS INDETERMINADOS.
| UN | UNHA | UNS | UNHAS | |
| CON | cun | cunha | cuns | cunhas |
| DE | dun | dunha | duns | dunhas |
| EN | nun | nunha | nuns | nunhas |
2.POSESIVOS: Indican a quen pertence algo.
|
|
UN POSUÍDOR | VARIOS POSUIDORES | ||||||
| MASCULINO | FEMININO | MASCULINO | FEMININO | |||||
| singular | plural | singular | plural | singular | plural | singular | plural | |
| 1º PERSOA | meu | meus | miña | miñas | noso | nosos | nosa | nosas |
| 2º PERSOA | teu | teus | túa | túas | voso | vosos | vosa | vosas |
| 3º PERSOA | seu | seus | súa | súas | seu | seus | súa | súas |
3.DEMOSTRATIVOS: Sinalan a distancia á que se atopa o sustantivo (nome).
| MASCULINO | FEMENINO | |||
| SINGULAR | PLURAL | SINGULAR | PLURAL | |
| AQUÍ | este | estes | esta | estas |
| AÍ | ese | eses | esa | esas |
| ALÍ | aquel | aqueles | aquela | aquelas |
3.DETERMINANTES NUMERAIS
| CARDINAIS | ORDINAIS | PARTITIVOS | MULTIPLICATIVOS | |
| 1 | un/unha | primeiro-a | ||
| 2 | dous/dúas | segundo-a | medio-a | dobre (duplo, dupla) |
| 3 | tres | terceiro-a | terzo-a | triplo, tripla |
| 4 | catro | cuarto-a | cuarto-a | cuádruplo, cuádrupla |
| 5 | cinco | quinto-a | quinto-a | quíntuplo, quíntupla |
| 6 | seis | sexto-a | sexto-a | séxtuplo, séxtupla |
| 7 | sete | sétimo-a | sétimo-a | séptuplo, séptupla |
| 8 | oito | oitavo-a | oitavo-a | óctuplo, óctupla |
| 9 | nove | noveno-a | noveno-a
nono-a |
nónuplo, nónupla |
| 10 | dez | décimo-a | décimo-a | décuplo, décupla |
| 11 | once | undécimo-a | onceavo-a | |
| 12 | doce | duodécimo
décimo segundo-a |
doceavo-a | |
| 13 | trece | décimo terceiro-a | treceavo-a | |
| 14 | catorce | décimo cuarto-a | catorceavo-a | |
| 15 | quince | décimo quinto-a | quinceavo-a | |
| 16 | dezaseis | décimo sexto-a | dezaseisavo-a | |
| 17 | dezasete | décimo sétimo-a | dezaseteavo-a | |
| 18 | dezaoito | décimo oitavo-a | dezaoitoavo-a | |
| 19 | dezanove | décimo noveno-a | dezanoveavo-a | |
| 20 | vinte | vixésimo-a | vinteavo-a |
4.PRONOMES PERSOAIS.
| SINGULAR | PLURAL | |
| 1º PERSOA | eu, min | nós, nosoutros/nosoutras |
| 2º PERSOA | ti | vós, vosoutros/vosoutras |
| 3º PERSOA | el/ela, vostede, si | eles/elas, vostedes, si |
OS VERBOS
- CONXUGACIÓNS:
| 1º CONXUGACIÓN | AR – plantar |
| 2º CONXUGACIÓN | ER – coller |
| 3º CONXUGACIÓN | IR – partir |
TEMA 2 – LINGUA GALEGA
DESCARGA OS APUNTES EN PDF: TEMA 2-gallego
- PALABRAS POLISÉMICAS.
Son as palabras que teñen máis dun significado. Ex: banco (de sentarse, de peixes, de diñeiro)
- OS SUBSTANTIVOS.
Son as palabras que nomean personas, animais, cousas, ideas ou sentimentos .
2.1 CLASES DE SUBSTANTIVOS.
- Comúns: nomean calquera persoa, animal ou cousa: nena
- Propios: nomean unha persoa, animal ou cousa concreta: María
- Individuais: nomean en singular unha núnica persoa, animal ou cousa: xogador
- Colectivos: Nomean en singular un conxunto de persoas, animais ou cousas: equipo.
- Concretos: nomean seres ou obxectos que se poden oír, tocar …: pelota
- Abstractos: nomean ideas, sentimentos… non se poden tocar: alegría, esperanza ..
- PALABRAS AGUDAS, GRAVES E ESDRÚXULAS.
- AGUDAS: Acentúanse as polisílabas rematadas en -vogal (+n, s, ns): mamá, cafés, algún, peóns. Ex. : chofer, chinés.
- GRAVES: Levan acento ortográfico cando rematan en consoante diferente de n, s , ou en grupos consonánticos distintos de -ns: álbum, móbil, mísil, réptil, Félix, tríceps, carácter. (Tamén se acentúan as que teñen ditongo decrecente na última sílaba: amábeis). Ex. : atmosfera, biosfera, heroe
- ESDRÚXULAS: Todas levan acento ortográfico: mágoa, bárbaro, tépedo, xílgaro, térmite.
- A METONIMIA E A COMPARACIÓN.
- A METONIMIA: Consiste en substituir o nome dunha cousa para que teñan relación de continente por contido ou causa-efecto. Ex: xa rematei o prato (prato por espaguetes).
- A COMPARACIÓN: Consiste en relacionar un elemento con outro semellante. Ex: a cpva era escura coma a noite.
TEMA 4 LINGUA GALEGA
PDF de descarga LINGUA GALEGA TEMA 4
- O GRUPO NOMINAL.
- É o conxunto de palabras que se agrupan en torno ao substantivo. Ex: Aquela casa vermella.
- Pode estar formado por unha ou varias palabras, ex: María. O meu irmán maior. O curmán maior do meu pai, etc
- A súa función é ser suxeito da oración.
1.1 A ESTRUTURA DO GRUPO NOMINAL
- Substantivo: é a palabra máis importante, por iso é o núcleo deste grupo.
- Determinante(artigos, demostrativos, posesivos, numerais etc): o substantivo pode levar unha palabra que o determine, o concrete: A nena boa.
- Adxectivos: complementan e especifican o significado do substantivo. A nena boa
- Complementos: como presposicións etc.
- DIPTONGOS, TRIPTONGOS E HIATOS.
2.2 HIATOS: Un Hiato é cando van xuntas dúas vogais abertas: area, heroe, correo, avoa, poema…
- Cando vai unha vogal aberta e outra pechada (ou unha pechada e unha aberta) e o golpe de voz cae na pechada: raíz, saúdo, raíña, fío, actúo, recúe…
- Cando van xuntas dúas vogais pechadas e a segunda é tónica: muíño, miúdo, xuízo, construír, fiúncho…
- ACENTO DIACRÍTICO
- A NARRATIVA.
Son as obras nas que o narrador conta os feitos que lles suceden aos personaxes. Elementos:
- Narrador: é quen conta a historia.
- Personaxes: interveñen na historia, hai un que é o principal.
- Acción: son os acontecimietnos que suceden, ás veces divídense en varias partes chamadas episodios, capítulos, etc.
- Marco Narrativo: é o lugar e tempo no que sucede.
- Cómic, os contos, as novelas, etc son tipos de narración.
3.1 O CONTO.
Son relatos breves escritos en prosa. Contan os feitos que lles suceden a uns personaxes. Hai contos modernos e populares (narran historias que foron transmitidas de forma oral e máis tarde foren escritas).
3.2 A NOVELA.
Son relatos escritos en prosa, relatan os feitos que lles suceden a uns personaxes. Diferéncianse dos contos en que son máis extensas e complexas.



